30/5/08

Un día cos novos compañeir@s

Os nen@s de E.Infantil de Baredo e do Burgo visitaron o colexio de Fontes,para compartir un día cos que serán os seus novos compañeir@s. Durante toda a xornada realizaron actividades de música,educación física,informática e inglés.
Para rematar proxectoúselle unha película.Foi un día moi especial!.

Bautismo de mar



O 28 de Maio o alumnado de 6º navegou por primeira vez.

19/5/08

Teatro 5º de Primaria




"Os amigos de Fati"
É un programa de televisión moi especial presentado por Fati.Neste día vai vir Antía,unha amiga moi especial,que vai amosar un libro máxico.
Antía fai aparecer polo seu libro diferentes personaxes (raíñas,irmáns...)cos seus problemas.
Fati e Antía intentan solucionar os problemas,pero resúltalles moi difícil.

Traballos dos nen@s



Estes traballos foron realizados polos nen@s para festexar o "Día das Letras Galegas"

16/5/08

Xogamos cos poemas


Os nen@s de 1º Ciclo de Primaria recitaron os seguintes poemas de X.M.Álvarez Blázquez:O merlo poeta,Arco da vella,Año pitaño e pola fiestra anda o luar con instrumentos,siluetas e utilizando sons co seu propio corpo.
Os alumn@s de sexto recitaron a ritmo de rap o poema "Tres avelaíñas",para festexar o "Día das Letras Galegas".
Noraboa a tod@s polo ben que o fixestes.

Biografía

14/5/08

Culturas diferentes




Na Biblioteca Municipal de Baiona,presentáronlle os nen@s do 1º Ciclo de Primaria,varios libros sobre as diferentes culturas do mundo.

13/5/08

Visita á Biblioteca Municipal

A comisión de biblioteca decidiu,que despois de traballar "As Culturas do Mundo"na súa biblioteca,os profesor@s foran co seu alumnado á Biblioteca Municipal para ampliar dito proxecto.
O 12 de Maio entramos na Biblioteca e fomos recibidos polos bibliotecarios Anxo e Loli,e con eles realizamos diferentes actividades:
-Unha charla impartida por Anxo sobre formación de usuarios e a continuación xogos no que o alumnado intentaba localizar materias.
-Loli presentounos libros de diferentes países do mundo,no que se resaltaba a diversidade.
-A continuación por grupos fixemos un mural.
-Nós presentamos un libro "Cartas de todo o mundo",no que queríamos resaltar que é xenial "Ter amigos e que a soidade é moi mala".
Por último fomos a zona da biblioteca infantil, que se inaugurou este ano e nela os responsables da biblioteca ensináronnos un xogo colectivo "Está ben,está mal".
Dámoslles as grazas a Anxo e Loli pola súa colaboración e polo impulso que lle están dando á Biblioteca de Baiona.
¡Esquecíamonos!Recibimos un agasallo tódolos participantes nesta xornada de Animación á lectura.

Visita ó Concello

Co obxecto de iniciarnos no tema das "Pegadas do Descubrimento en Baiona",o 12 de Maio despois de saír da Biblioteca visitamos o noso Concello.
Fomos recibidos polo Alcalde,que nos levou á Sala de Plenos e alí para a nosa sorpresa atopamos "un todo terreno" o noso bibliotecario Anxo.
Primeiro escenificamos a partida de Palos das carabelas e a súa viaxe,a súa chegada
a Ámerica e o posterior regreso.
Soamente chegaron dúas: a Niña a Lisboa e a que nos interesa a nós a Pinta, a Baiona.
A partir deste acontecemento pretendemos estudiar a influencia da chegada da Pinta a Baiona,actividade que realizaremos o 6 de Xuño.
Para rematar a visita, puxéronnos un video sobre o Descubrimento de América.
Do Concello recibimos un agasallo.

11/5/08

O merlo poeta

X.M Álvarez Blázquez

8/5/08

Poema


Polo laranxal

tres avelaíñas andan a voar.

Unha,dúas,tres,

de présa que voan,vense e non se ven.


Polo laranxal

tres avelaíñas andan a chuchar.


Unha,dúas,tres,

de tanto que chuchan,borrachas de mel.


Caídas no chan,

tres avelaíñas polo laranxal!

X.M Álvarez Blázquez