Polo laranxal
tres avelaíñas andan a voar.
Unha,dúas,tres,
de présa que voan,vense e non se ven.
Polo laranxal
tres avelaíñas andan a chuchar.
Unha,dúas,tres,
de tanto que chuchan,borrachas de mel.
Caídas no chan,
tres avelaíñas polo laranxal!
X.M Álvarez Blázquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario