13/5/08

Visita ó Concello

Co obxecto de iniciarnos no tema das "Pegadas do Descubrimento en Baiona",o 12 de Maio despois de saír da Biblioteca visitamos o noso Concello.
Fomos recibidos polo Alcalde,que nos levou á Sala de Plenos e alí para a nosa sorpresa atopamos "un todo terreno" o noso bibliotecario Anxo.
Primeiro escenificamos a partida de Palos das carabelas e a súa viaxe,a súa chegada
a Ámerica e o posterior regreso.
Soamente chegaron dúas: a Niña a Lisboa e a que nos interesa a nós a Pinta, a Baiona.
A partir deste acontecemento pretendemos estudiar a influencia da chegada da Pinta a Baiona,actividade que realizaremos o 6 de Xuño.
Para rematar a visita, puxéronnos un video sobre o Descubrimento de América.
Do Concello recibimos un agasallo.

No hay comentarios: