26/6/08

Teatro Compañía ANPA

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.


• 19 de xuño, teatro, “BOAS NOITES”. A Compañía da A.N.P.A., integrada por pais e nais do alumnado, profesorado e persoal non docente, representou no Centro esta obra de Paula Carballeira (Premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006), pola mañán para o alumnado e profesorado e pola tarde para o resto da Comunidade Educativa.

18/6/08

Visita IES "1º de Marzo"


O xoves 12 de Xuño o alumnado de 6º visitamos o IES Primeiro de Marzo para coñecer como é o instituto no que a maioría de nós estudiaremos no vindeiro curso.
Recibíronnos a Subdirectora xunto coa Xefa de Estudios e a Orientadora que nos deron unha charla sobre qué asignaturas íamos a ter e logo ensináronnos as distintas aulas.
Logo o alumnado de 1º da ESO representou para nós unha obra de teatro e finalmente invitáronnos a un aperitivo.Foi unha visita moi interesante e que nos axudou moito a perderlle o medo ó cambio de centro que teremos que facer próximamente.

17/6/08

Lecturas para o verán




Queridas familias:
Chega o verán,tempo de lecer,os profesor@s querémosvos recomendar uns libros para ler.É moi importante que os nen@s pasen ratos lendo e que de cando en vez os acerquedes a unha librería para que sexan eles mesmos os que escollan os libros.
Non vos esquezades da Biblioteca Municipal,na que poden pasar moi bos ratos
lendo e tamén levando libros para casa.
O horario da Biblioteca é: Luns - Venres de 10 - 14h // 16 - 20h
Sábados de 10 - 13h

12/6/08

Animación á lectura en Ourense


O día 11 de Xuño,os nen@s do 1º Ciclo de Primaria,despois de visitar as Burgas,
foron ó I.E.S. Otero Pedrayo a unha animación á lectura sobre "Contos do mundo".
Os nen@s cos animadores,fixeron un percorrido polos cinco continentes e ata
tiveron tempo para pasar un rato agradable,visitando unha exposición de libros,que tiñan nun lugar moi atractivo.

Viaxe cultural a Ourense


O 11 de Xuño desplazámonos a Cidade de Ourense.O día acompañounos,pois como non podía ser menos foi un día caluroso.¡Caían aos paxariños!.
Visitamos por Ciclos os principais monumentos da cidade,xantamos todos xuntos
no Parque Miño e rematámola a viaxe na Chavasqueira.
¿A onde iremos o vindeiro curso?.

11/6/08

Exposición "Un libro,un amigo"


Durante o mes de Maio tivemos no colexio unha exposición de libros,das diferentes
editoriais,para que os nen@s puideran tocalos,abrilos,lelos e incluso mercalos.

10/6/08

Pegadas do descubrimento


Os nen@s percorreron a ruta Pinzoniana en busca dun tesouro,por tódolos monumentos alusivos a Arribada da Pinta en Baiona,a través de distintas pistas.
Foi unha mañá moi divertida.

Entrega do libro na Biblioteca




Unha vez rematado o acto no concello,fomos á Biblioteca Municipal a entregarlle un
libro ó bibliotecario e tamén os traballos que levamos para rematar na aula,cando
estivemos a traballar "As culturas do mundo".

Acto no concello

Os nen@s do 1º Ciclo de Primaria e as súas familias ilustraron o conto "O descubri-
mento de América".Este conto foi proxectado e lido na sala de plenos do Concello
de Baiona,coa asistencia do Sr.Alcalde,a concelleira de educación e as familias dos
nen@s.

9/6/08

Libro do Descubrimento

"O descubrimento de América"


Para escribir esta historia partimos do libro "Do A ao Z con Cristovo Colón" da Ed. Everest.Nós reordenamos a historia e escribimos o conto sobre o descubrimento.A continuación,decidimos enviar unha folla a cada familia para que realizaran as ilustracións.Para completar o traballo,preparamos un audiovisual coas ilustracións elaboradas polas familias,que presentamos o 6 de Xuño no salón de plenos do Concello de Baiona.