27/6/12

Festa fin de curso


Festa fin de curso - presentacion imagenes

Na festa fin de curso fixemos varios xogos:
1- Carreira de sacos
2- Relevo do cangrexo
3- Carreira cubos de auga
4- Os aguadores
5- Patata quente
6- A marcha do cangrexo
7- A caza de globos
8- A carreira perigosa
9- Xogo coas colchonetas
O alumnado de 6º de E.Primaria bailou a "Danza das espadas", graduáronse os alumnos/as de E.Infantil e fíxoselle un agasallo ao alumnado de 6º.
A ANPA trouxo ao colexio un obradoiro de maquillaxe e globoflexia para todo o alumnado.
Finalmente, a maioría dos nenos/as quedaron a comer no comedor escolar, para festexar fin de curso. 
Felices vacacións.



Festa fin de curso - presentacion imagenes

O alumnado de 6º de E.Primaria sorprendeunos cun power point, no que recordaban aos profesores/as que lles deron clase.
Desexámosvos o mellor no instituto.

19/6/12

Visista ao IES "1º de Marzo"

O xoves, día 14, o alumnado de 6º, acompañados pola nosa titora, fomos visitar o IES “1º de Marzo”, a nosa casa nos vindeiros cursos. Atendéronnos moi ben.Fixemos varias visitas a distintas aulas (tecnoloxía , bioloxía, debuxo,…),nos representaron unha obra de teatro e ata nos obsequiaron cun “refrixerio” no recreo. Pasámolo estupendo, pero nerviosos..,esperando o día para empezar.

4/6/12

Visita EEI "Agro - Baredo"

O venres recibimos a visita dos nenos/as  da EEI "Agro - Baredo".
Estiveron cos novos/as compañeiros/as nas aulas de Música,E.Física e Inglés,tamén novas para este alumnado.
Merendaron todos xuntos,viron unha película,coñeceron o cole e ao alumnado maior.
Esperamos que fose para todos eles un día FELIZ.