8/6/10

Convivencia E.Infantil




O alumnado das unitarias de Baredo e do Burgo, viñeron hoxe a visitar o colexio de Fontes,porque o vindeiro curso moitos deles serán alumnos/as do noso Centro. Representámoslles a obra de teatro "Cormarín",e logo fixeron actividades cos profesores de inglés,de música e de educación física.Tamén lle ensinamos todo o colexio.
Fixéronse agasallos entre as escolas.

Un día cheo de sorpresas!.

5/6/10

Visita de 6º ó Instituto



O mércores,día 2,fomos ó Instituto 1º de Marzo,que será o noso próximo Centro de Estudos.
Recibíronnos moi ben,explicáronnos en que consistía,vimos as instalacións e obsequiáronnos cunha obra de teatro e un refrixerio na cafetería.
Grazas por todo.

Visita ó Museo do Mar



O 2º Ciclo de E.Primaria fomos a Vigo a visitar o Museo do Mar.
Recibíronnos unhas monitoras que nos ensinaron tódalas instalacións.
Vimos embarcacións,artes de pesca,restos dunha lonxa antiga e o acuario.
Logo fomos ó Parque de Castrelos.
Un día moi divertido!.