12/6/08
Viaxe cultural a Ourense
O 11 de Xuño desplazámonos a Cidade de Ourense.O día acompañounos,pois como non podía ser menos foi un día caluroso.¡Caían aos paxariños!.
Visitamos por Ciclos os principais monumentos da cidade,xantamos todos xuntos
no Parque Miño e rematámola a viaxe na Chavasqueira.
¿A onde iremos o vindeiro curso?.
11/6/08
Exposición "Un libro,un amigo"
Durante o mes de Maio tivemos no colexio unha exposición de libros,das diferentes
editoriais,para que os nen@s puideran tocalos,abrilos,lelos e incluso mercalos.
10/6/08
Pegadas do descubrimento
Os nen@s percorreron a ruta Pinzoniana en busca dun tesouro,por tódolos monumentos alusivos a Arribada da Pinta en Baiona,a través de distintas pistas.
Foi unha mañá moi divertida.
Entrega do libro na Biblioteca
Unha vez rematado o acto no concello,fomos á Biblioteca Municipal a entregarlle un
libro ó bibliotecario e tamén os traballos que levamos para rematar na aula,cando
estivemos a traballar "As culturas do mundo".
Acto no concello
Os nen@s do 1º Ciclo de Primaria e as súas familias ilustraron o conto "O descubri-
mento de América".Este conto foi proxectado e lido na sala de plenos do Concello
de Baiona,coa asistencia do Sr.Alcalde,a concelleira de educación e as familias dos
nen@s.
mento de América".Este conto foi proxectado e lido na sala de plenos do Concello
de Baiona,coa asistencia do Sr.Alcalde,a concelleira de educación e as familias dos
nen@s.
9/6/08
"O descubrimento de América"
Para escribir esta historia partimos do libro "Do A ao Z con Cristovo Colón" da Ed. Everest.Nós reordenamos a historia e escribimos o conto sobre o descubrimento.A continuación,decidimos enviar unha folla a cada familia para que realizaran as ilustracións.Para completar o traballo,preparamos un audiovisual coas ilustracións elaboradas polas familias,que presentamos o 6 de Xuño no salón de plenos do Concello de Baiona.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















