3/4/09

Dia da árbore

Para festexar este día,os nenos/as do 1º Ciclo de E. Primaria leron o libro "A pequena árbore" de Ánxeles Ferrer.



A pequena árbore ía medrando nun antigo souto, vendo como pasaban as estacións e como os merlos construían niños nas súas pólas. E o tempo ía pasando, ata que un día un prendelumes achégase ao souto.


Ilustracións realizadas polos nenos/as coas súas familias,sobre o que máis lles gustou do libro.

27/2/09

Traballo coas familias


Despois de ler "O libro da selva",os nenos/as do 1º Ciclo realizaron este traballo coas súas familias.

19/2/09

Poema


Maio longo...,maio longo
Maio longo...,maio longo;
todo cuberto de rosas,
para algúns,telas de morte,
para outros,telas de bodas.
Maio longo,maio longo,
fuches curto para min,
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro

4/2/09

Teatro Peter Pan


Os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria,foron a Vigo a ver a obra de teatro "Peter Pan".
Logo realizaron un pequeno traballo.

24/1/09

Loita libre olímpica



O profesorado de E.Física,púxose en contacto co Club de Loita Sabarís para desenvolver no Centro unha unidade didáctica sobre a "Loita Libre Olímpica".
A unidade didáctica foi impartida polos monitores do Club os días 12,13 e 14
de xaneiro.
Podedes seguir practicando este deporte os luns e xoves,no Pavillón Municipal,
dende as 16:00 ás 17:30 horas.