3/4/09

Dia da árbore

Para festexar este día,os nenos/as do 1º Ciclo de E. Primaria leron o libro "A pequena árbore" de Ánxeles Ferrer.



A pequena árbore ía medrando nun antigo souto, vendo como pasaban as estacións e como os merlos construían niños nas súas pólas. E o tempo ía pasando, ata que un día un prendelumes achégase ao souto.


Ilustracións realizadas polos nenos/as coas súas familias,sobre o que máis lles gustou do libro.

27/2/09

Traballo coas familias


Despois de ler "O libro da selva",os nenos/as do 1º Ciclo realizaron este traballo coas súas familias.

19/2/09

Poema


Maio longo...,maio longo
Maio longo...,maio longo;
todo cuberto de rosas,
para algúns,telas de morte,
para outros,telas de bodas.
Maio longo,maio longo,
fuches curto para min,
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro

4/2/09

Teatro Peter Pan


Os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria,foron a Vigo a ver a obra de teatro "Peter Pan".
Logo realizaron un pequeno traballo.

24/1/09

Loita libre olímpica



O profesorado de E.Física,púxose en contacto co Club de Loita Sabarís para desenvolver no Centro unha unidade didáctica sobre a "Loita Libre Olímpica".
A unidade didáctica foi impartida polos monitores do Club os días 12,13 e 14
de xaneiro.
Podedes seguir practicando este deporte os luns e xoves,no Pavillón Municipal,
dende as 16:00 ás 17:30 horas.

19/12/08

Sorteo Nadal




Ao longo de novembro a ANPA organizou o sorteo dunha cesta, na que colaboraron, vendendo rifas, o alumnado do centro.
O número premiado foi o 00520 vendido, en Baíña polo alumno David Martínez de 2º nivel, á familia Miniño .Estiveron recollendo a cesta Raquel, acompañada da súa filla Almudena (antiga alumna do Centro).
Dende aquí felicitamos ás afortunadas e que a disfruten.

12/12/08

Aiko


Brais,Javier G.e Javier E. fixeron un resumo do libro.
Trata dunha nena chamada Aiko.Cando naceu Aiko os seus pais plantaron unha cerdeira.
A familia facía cestos de vimbio para levar ao mercado e vendelos,pero cada vez gañaban menos cartos.
O seu pai decidiu marchar a outro país,para gañar máis cartos e prometeulle volver.
O seu pai nunca volveu porque o barco fundiuse no mar.
A súa nai para consolala fíxolle unha boneca cunha rama de cerdeira e tela.
Díxolle a Aiko que ese regalo fora enviado polo seu pai.

Outras obras de Ánxeles Ferrer
. A aventura de Xanzolo
. Os señores meses
. Ola,son a lúa!
. O grilo Gastón
. A pequena árbore
. Tres princesas namoradas
Libros que gustan moito aos nenos/as.