29/5/09

Teatro 5º

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

Os nenos/as de 5ºde E.Primaria representaron dúas obras de teatro.
"O tren da Paz"
Conto inventado por todo o colexio para "O Día da Paz".
Trata de reflexar o funcionamento do Espazo da Fala cuns mediadores que axudarán a todos a resolver os conflictos por medio da palabra.
"O ensaio"
Un grupo de nenos/as reúnense no faiado para inventar unha obra de teatro entre todos/as.
Marta e Miriam serán as directoras e os demais serán:o pirata(Martín),a fada (Alba),Obelix (David),o pallaso (Javi),a bruxa (Emma)e a princesa (Micaela).
Na historia que van inventando,unha princesa é secuestrada pola bruxa e Obelix (axudado polo pirata) vaina rescatar,pero ao final é o pallaso Pototo que consegue tal fin.

3/4/09

Dia da árbore

Para festexar este día,os nenos/as do 1º Ciclo de E. Primaria leron o libro "A pequena árbore" de Ánxeles Ferrer.



A pequena árbore ía medrando nun antigo souto, vendo como pasaban as estacións e como os merlos construían niños nas súas pólas. E o tempo ía pasando, ata que un día un prendelumes achégase ao souto.


Ilustracións realizadas polos nenos/as coas súas familias,sobre o que máis lles gustou do libro.

27/2/09

Traballo coas familias


Despois de ler "O libro da selva",os nenos/as do 1º Ciclo realizaron este traballo coas súas familias.