12/11/12
2/7/12
Visita á depuradora
Depuradora - presentacion imagenes
O día 4 de xuño os alumnos/as de 4º de E.Primaria fixemos unha saída ecolóxica ao entorno onde visitamos a presa de Baíña, a potabilizadora, o punto limpo e a depuradora en Cabo Silleiro.
En todos estes lugares os responsables das mesmas explicáronnos a súa función e funcionamento.
Pasámolo moi ben e aprendimos a conservar,coidar e respetar a natureza e o medio ambiente para que a nosa vida sexa máis saudable.
27/6/12
Festa fin de curso
Festa fin de curso - presentacion imagenes
Na festa fin de curso fixemos varios xogos:
1- Carreira de sacos
2- Relevo do cangrexo
3- Carreira cubos de auga
4- Os aguadores
5- Patata quente
6- A marcha do cangrexo
7- A caza de globos
8- A carreira perigosa
9- Xogo coas colchonetas
O alumnado de 6º de E.Primaria bailou a "Danza das espadas", graduáronse os alumnos/as de E.Infantil e fíxoselle un agasallo ao alumnado de 6º.
A ANPA trouxo ao colexio un obradoiro de maquillaxe e globoflexia para todo o alumnado.
Finalmente, a maioría dos nenos/as quedaron a comer no comedor escolar, para festexar fin de curso.
Felices vacacións.
Festa fin de curso - presentacion imagenes
O alumnado de 6º de E.Primaria sorprendeunos cun power point, no que recordaban aos profesores/as que lles deron clase.
Desexámosvos o mellor no instituto.
19/6/12
Visista ao IES "1º de Marzo"
O xoves, día 14, o alumnado de 6º, acompañados pola nosa titora, fomos visitar o IES “1º de Marzo”, a nosa casa nos vindeiros cursos. Atendéronnos moi ben.Fixemos varias visitas a distintas aulas (tecnoloxía , bioloxía, debuxo,…),nos representaron unha obra de teatro e ata nos obsequiaron cun “refrixerio” no recreo. Pasámolo estupendo, pero nerviosos..,esperando o día para empezar.
4/6/12
Visita EEI "Agro - Baredo"
O venres recibimos a visita dos nenos/as da EEI "Agro - Baredo".
Estiveron cos novos/as compañeiros/as nas aulas de Música,E.Física e Inglés,tamén novas para este alumnado.
Merendaron todos xuntos,viron unha película,coñeceron o cole e ao alumnado maior.
Esperamos que fose para todos eles un día FELIZ.
25/5/12
27/4/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






