13/5/08

Visita á Biblioteca Municipal

A comisión de biblioteca decidiu,que despois de traballar "As Culturas do Mundo"na súa biblioteca,os profesor@s foran co seu alumnado á Biblioteca Municipal para ampliar dito proxecto.
O 12 de Maio entramos na Biblioteca e fomos recibidos polos bibliotecarios Anxo e Loli,e con eles realizamos diferentes actividades:
-Unha charla impartida por Anxo sobre formación de usuarios e a continuación xogos no que o alumnado intentaba localizar materias.
-Loli presentounos libros de diferentes países do mundo,no que se resaltaba a diversidade.
-A continuación por grupos fixemos un mural.
-Nós presentamos un libro "Cartas de todo o mundo",no que queríamos resaltar que é xenial "Ter amigos e que a soidade é moi mala".
Por último fomos a zona da biblioteca infantil, que se inaugurou este ano e nela os responsables da biblioteca ensináronnos un xogo colectivo "Está ben,está mal".
Dámoslles as grazas a Anxo e Loli pola súa colaboración e polo impulso que lle están dando á Biblioteca de Baiona.
¡Esquecíamonos!Recibimos un agasallo tódolos participantes nesta xornada de Animación á lectura.

No hay comentarios: